A Coordinadora de Obras Socioeducativas La Salle xa é membro da Plataforma de Infancia
Este 27 de abril, a Coordinadora de Obras Socioeducativas La Salle foi incorporada como membro da Plataforma de Infancia, que integra a diferentes entidades co obxectivo de que estas poidan fortalecer a capacidade de interlocución ante as administracións públicas e a sociedade en xeral, e así poder contribuír no deseño de políticas dedicadas ao benestar da infancia.
A Plataforma permitirá á Coordinadora de Obras Socioeducativas La Salle, do mesmo xeito que ao resto dos seus 75 membros, formar parte das mesas de reflexión onde se valoran as accións coas que poder facer incidencia política, dar visibilidad ás demandas da infancia a través da súa propia participación e potenciar o traballo en rede.
A Coordinadora de Obras Socioeducativas aproveitará a súa participación nesta plataforma para dar voz á institución no seu plan anual de traballo, así como nas asembleas, grupos de reflexión, xornadas e foros. Desde a nosa experiencia, desta forma, queremos traballar pola infancia, ademais de aprender e xerar sinerxias entre as entidades membro e sumar na consecución de obxectivos comúns a favor dos nenos e nenas.