Unha vida que inspira
Os alumnos de 4.º de ESO tivemos o privilexio este 24 de marzo de asisitir a unha charla mediante videoconferencia. Coñecemos a Fatemeh Khavari, unha moza afgá iraní exiliada en Suecia que vén de recibir o premio Martin Luther King da Paz. Neste país, descubriu que a amparaba o Estado de Dereito, que todos eramos iguais e que existían os dereitos humanos, a democracia… Contounos diferentes etapas da súa nvoa vida acabada estrear, explicounos como lle afectou non poder asistir ao colexio ata os quince anos, como odiaba ter que traballar na fábrica, e que os nenos da súa idade gozasen de dereitos que non estaban ao seu alcance. Ademais, comunicounos como deportaron o seu pai e o seu irmán maior ao país dos seus pais, Afganistán, por non teren papeis. Todo cambiou na súa vida ao ser acollida en Suecia e decidirse a alzar a súa voz en solidaridade con aqueles que se atopaban incluso máis desprotexidos ca ela.
Ao final, sacou a conclusión de que se algo non era xusto, debiamos dicilo e manifestalo, non quedarnos calados asumindo a inxusta realidade.
Daniel Morenza, 4.º A“Sinceramente, é un pouco complicado resumilo nunha soa frase xa que todas as súas experiencias foron realmente inspiradoras. Non obstante, o que máis me sorprendeu foi a súa valentía; Fatemeh Khavari conseguiu superar os grandes obstáculos que a oprimían, demostroulle ao mundo que unha soa persoa é quen de mover a miles e é un exemplo de como debemos loitr polos nosos dereitos e polos dos demais. ”
Enma Sánchez. 4.º EPersoalmente, creo que se nos fala tanto de emigración, situacións de pobreza ou emprazamentos dificultosos, que presentarnos a alguén que vivise esas circunstancias en primeira persoa é moi enriquecedor. A pesar de que falase outro idioma e non puidese vir físicamente, penso que o acto se fixo moi axilmente e desde as aulas resultaba sinxelo e cómodo seguir as palabras de Fatemeh con normalidade. Foi unha historia moi impactante das moitas que hai no mundo, da que se poden sacar moitísimas ensinanzas. Sen dúbida creo que foi unha moi boa proposta, quedo pendente de ler o seu libro.
Carmen López 4.º E
Grazas tamén á profesora Yolanda que asumiu a difícil tarefa de facer a interpretación simultánea das palabras de Fatemeh.
https://es.wikipedia.org/wiki/Fatemeh_Khavari
https://twitter.com/fatemeh_khavari?lang=es
https://www.instagram.com/iamfatemehkhavari/?hl=es