As nosas liberdades. Debate
Na última semana de xaneiro e durante a primeira de febreiro, o noso centro tivo a oportunidade de participar no TDAG (Torneo de debate académico de Galicia) da Fundación Barrié. Cos profesores José Feijoo e Xan Guillén, dous equipos preparamos a argumentación. A pregunta sobre a que debatemos foi “Deben os países membros da Unión Europea limitar as liberdades fundamentais para salvagardar o benestar colectivo?”.
O primeiro equipo, formado por Paula Rial e Sofía González, de 1.ºA de Bacharelato, Elena Castro, de 1.ºD e Ainhoa Castro, de 1.ºB, foi dirixido por Xan Guillén. Estiveron a piques de entrar na fase final pero non esquecerán a experiencia nin o que aprenderon grazas ao seu excelente traballo.
O segundo equipo foi acompañado por José Feijoo. O equipo estaba formado polos alumnos de 1.º A, Lara Cacheda, Adriana Ferreiro, Silvia Lafuente e Xosé Manuel Rodríguez. Grazas tamén ao seu excelente traballo lograron clasificarse na fase final. Do mesmo xeito que o outro equipo, aprenderon moito de oratoria e de pensamento crítico.
Grazas aos profesores que acompañaron a estes mozos nesta experiencia da que sempre se aprende. Paga a pena participar.