Back

O mundo de Infantil. Achegándonos ao Nadal…

A vida cotiá vaise facendo camiño nas nosas aulas de infantil, e as nosas nenas e nenos xogan ao que xogaron sempre... aínda que pode ser que o fagan con máis intensidade desta xeira!

E o Nadal está máis que presente na celebración especial que fixemos para recordar o nacemento de Xesús.

As ilusións, os brillos, papeis de cores e luces das árbores encaixan á perfección nuns espazos feitos para pintar, pegar, recortar e crear cousas bonitas... tamén no Nadal!

As aulas mudan e acollen a desorde á hora de crear, imaxinar e sentir, para voltar logo á calma gozando do traballo rematado...

Preparar unha sorpresa para os que queres, cantar unha panxoliña, moverse ao son... todo listo para gravar!