Back

Voluntariado · Simplemente grazas

Toca volver a vista atrás e facer memoria nun curso diferente en moitos sentidos.

Queremos aproveitar para enviar o noso agradecemento desde o Equipo de Educación na Xustiza aos nosos voluntarios pola súa dispoñibilidade e o seu saber facer nas distintas accións e realidades coas que colaboramos.

Graciñas por acudir cada semana ao Centro Don Bosco, a Porta do Camiño, por colaborar con Centinelas...

Por acudiren cada mes a Special Olympics, ás competicións deportivas e á Gala.

Por axudar na Campaña de Nadal, na Semana da Paz, nas dos Dereitos

Graciñas por estar sempre e por facer o noso labor moito máis feliz.