
4.º ESO na Campaña de Nadal
Este curso a convivencia de 4.º de ESO xirou entorno á Campaña de Nadal. Tiñamos moitas gañas de saír e traballar así que falamos coa Asociación Centinelas e co Albergue Xoán XXIII e nos propuxeron un par de obradoiros.
Estivemos a facer galletas en Área Central e chapas no colexio. Fixemos a nosa aportación en cartos e traballo. Tamén animamonos a vender o feito polo centro comercial, no colexio o e ás familias que acudiron ao festival de primaria. Todo suma para o convento!!
Non todo foi acción, grazas a Catalina Lavandeira adicamos tamén tempo á reflexión coñecendo a súa impactante experiencia de vida como voluntaria en Mozambique traballando coas vítimas do albinismo. Deunos que pensar. Coñecer o Albergue Xoan XXIII abriu os nosos ollos ás realidades que temos ao redor, que dende o traballo gratuito dan resposta as necesidades dos outros.
Listos para o seguinte!



