
Xuntos no Día da Bata e do Pixama
O pasado venres, as nenas e nenos de primaria e infantil mais o profesorado celebramos o Día da Bata e do Pixama como broche final dunha semana dedicada a traballar e afondar nos Dereitos da Infancia
A media mañá, ambas etapas puidemos saír ao patio exterior. As nenas e nenos de primaria levaban posta unha bata e os de infantil o pixama como símbolo para desexar que todos os nenos e nenas do mundo poidan ter dereito a unha familia que os queira.
Foi un momento moi emotivo no que todos e todas nos sentimos moi sensibilizados coa temática.
A participación foi todo un éxito!




