Xogar pensando
O desenvolvemento do pensamento lóxico nos nenos e nenas beneficia a atención e concentración, o desenvolvemento dun pensamento crítico, reflexivo, aumenta a capacidade do uso da linguaxe e dos números, aumenta a autoestima e beneficia a flexibilidade mental.
Mentras desfrutamos xogando, necesitamos estar atentos, cuestionar o por que e o como, cumprir normas, establecer relacións, seguir pautas, abrirse a novas formas de pensar, a ser creativos… Habilidades que favorecen o desenvolvemento integral dos nenos e nenas e aplicables a diferentes aspectos das súas vida.
O xogo permítenos ofrecer un ambiente cotía óptimo para o razoamento lóxico, e na mellor compañía, como son os amigos, comezamos con reprodución de patróns (paos de madeira, policubos, construcións, formas xeométricas, xogo colour code…), para continuar con secuencias temporais (actividades cotiás, contos…) e retos motores máis adiante, ao mesmo tempo, vanse alternando xogos que tamén nos axudan a traballar o pensamento lóxico: crebacabezas, construcións, distintos xogos de mesa, pasatempos…
Cal é o reto? Non importa! Observa, relaciona, descobre, proba, verbaliza, xeneraliza, razoa, atopa estratexias… e o reto é teu!
LUISA PÁJARO
Mestra de Educación Infantil