Vixilia de Advento
Chega o Advento e se abre unha gran pregunta: E ti, ¿Qué escolles?
O pasado venres, 27 de novembro, tivo lugar no teatro colexial (gardando os protocolos sanitarios) a Vixilia de Advento. Foi organizada por Salle Xove e asistiron representantes de profesores e alumnos, a Comunidade de Irmáns, membros dos diferentes grupos cristiáns de 3.º ESO en diante, incluidos universitarios e grupo de adultos e a Comunidade Parmenia.
Supuxo unha tarde de encontro, reflexión, análisis e de preparación dos nosos corazóns para a chegada de Xesús… A Boa Nova do Amor de Deus, que quere estar entre nós e vén acompañarnos, é un fermoso exemplo de doazón e esperanza nestes momentos tan difíciles.
Preparádevos porque o nacemento de Xesús está preto… Nós eliximos deixarlle a porta do noso fogar ben aberta… Por suposto que haberá Nadal!