
Sofía Cao obtivo o 1.º premio de microrrelatos
# HOXE ESCRIBO EN MOCIDADE
Maio é o mes das Letras Galegas e o que dá a benvida á primavera coa celebración da tradición dos Maios en Galicia.
A nosa tradición e cultura foi, precisamente, a temática elixida no certame literario de microrrelatos, convocado pola Deputación da Coruña, no que Sofía Cao obtivo o primeiro premio. A nosa alumna de 1.º bacharelato fíxonos viaxar por Compostela.
O seu microrrelato elaborado cunha linguaxe creativa e numerosos xogos de palabras recrea un ambiente emocionante da tan arraigada tradición do Santo dos croques. Sofía quixo botar a vista atrás e lembrarnos como aqueles croques tiñan certo aire de misterio.
Moitos parabéns Sofía. O premio en si xa é unha satisfacción persoal e un orgullo para todo o teu profesorado, pero os parabéns son, especialmente, por ese esforzo de buscar tempo para aproveitar as oportunidades que vai ofrecendo a vida estudantil. A viaxe é precisamente a que temos que valorar, non só o resultado final.