
Semana Proyde
A semana pasada foi moi especial no noso colexio, xa que celebramos a semana Proyde!
As aulas foron especialmente decoradas cun cartel e unha fermosa planta. Cada mañá dedicamos tempo para reflexionar cos nenos e nenas sobre Proyde e as súas accións e obxectivos.
O xoves foi o día máis esperado, xa que tivo lugar o Día do Bocadillo. A participación foi moi boa, máis de 1000 bocadillos benéficos foron feitos por voluntarios e voluntarias e desfrutados polo alumnado mais profesores e profesoras que non dubidaron en participar na iniciativa.
Grazas a todas e todos, unha vez máis, pola colaboración e implicación nestes días tan intensos!


