
Semana PROYDE
O vindeiro luns 15 de marzo comeza no colexio, baixo o lema CONSTRUÍMOS FUTRO, a Semana PROYDE.
A educación é a nosa ferramenta e traballaremos sobre o ODS 4: Educación de calidade, inclusiva e equitativa.
Con este motivo e ata o día 18 de marzo, tanto as reflexións da mañá como as titorías, centraranse na reflexión conxunta arredor deste tema.
Achegamos aquí o documento base para aqueles que queirades afondar un pouco máis.