Sallenet
Sallenet é a nosa plataforma dixital de comunicación e interacción entre a escola e a familia. Basicamente é unha contorna Moodle ao que se engadiron diversos módulos propios para adaptalo ás nosas necesidades. "Somos ananos empoleirados aos ombreiros de xigantes", dicían no medievo. Basearnos en moodle permítenos ter un sistema constantemente actualizado, seguro e con novas funcionalidades que xorden principalmente do mundo da empresa e a universidade.
Facilitou moito a integración das novas tecnoloxías na educación dos colexios La Salle de España, ofrecendo un espazo virtual de interacción entre pais, alumnos, profesores e resto da comunidade educativa.
- Por unha banda, é unha contorna especialmente deseñada para facilitar o proceso de ensino e aprendizaxe. O uso transmisivo, interactivo e colaborativo das súas ferramentas permítenos que profesores e alumnos se aproveiten de toda a potencialidade das tecnoloxías da información e a comunicación e poidan alcanzar os obxectivos de cada materia.
- É tamén unha canle de comunicación que permite o intercambio de mensaxes e documentos entre profesores, pais e alumnos.
- Para rematar, é tamén unha ferramenta de xestión do colexio. Cualificacións, actas, listaxes, remesas bancarias... son xestionados de forma integrada e centralizada.
Como pais, en liñas xerais ofrécenos:
- Un seguimento do noso fillo/a, onde facilmente poderemos dispoñer dun informe das incidencias diarias da clase: faltas, atrasos, ou algunha observación realizada por parte dos seus profesores
- Un seguimento do seu horario de clase, das tarefas que ten cada día e do seu calendario de exames.
- Facilitar o acceso a recursos a educativos ás familias.
Precisas axuda?
Responsable del tratamiento: COLEGIO LA SALLE SANTIAGO / Dirección del responsable: C/San Roque 6, 15704, A Coruña. / Finalidad: Sus datos serán usados para poder atender sus solicitudes y prestarle nuestros servicios. / Publicidad: Solo le enviaremos publicidad con su autorización previa, que podrá facilitarnos mediante la casilla correspondiente establecida al efecto. / Legitimación: Únicamente trataremos sus datos con su consentimiento previo, que podrá facilitarnos mediante la casilla correspondiente establecida al efecto. / Destinatarios: Con carácter general, sólo el personal de nuestra entidad que esté debidamente autorizado podrá tener conocimiento de la información que le pedimos. / Derechos: Tiene derecho a saber qué información tenemos sobre usted, corregirla y eliminarla, tal y como se explica en la información adicional disponible en nuestra página web. / Información adicional: Más información en el apartado Política de privacidad de nuestra página web.