Somos La Salle
Máis de 300 anos de historia
La Salle é unha institución católica con presenza en máis de oitenta países. Formar parte desta rede é unha das nosas maiores fortalezas. Máis de 300 anos de historia ensináronnos a manter un estilo que nos une, a adaptarnos constantemente e a innovar cando foi necesario.
Dedicámonos á educación das persoas desde os valores humanos e cristiáns. Preparamos os nosos mozos e mozas para ser homes e mulleres do século XXI que acheguen valor á sociedade do futuro. Persoas autónomas, competentes, creativas e implicadas na construción dunha sociedade máis xusta e solidaria. Cada un “será o que queira ser” grazas a unha formación integral que respecta os ritmos e o potencial de cada un desde o principio. Facemos do seu futuro o noso presente. Para iso preocupámonos de formalos, orientalos e enfocalos cara ao seu futuro académico e profesional.
Levamos desde 1953 facendo do teu futuro o noso presente
Máis aló do local, tendemos pontes sendo centro multilingüe.
Máis aló dos temas, achegamos ferramentas para interpretar o mundo que nos rodea.
Máis aló das disciplinas tradicionais, abrímonos a novos contextos de aprendizaxe.
Máis aló das disciplinas concretas, aprendemos desde proxectos interdisciplinares.
Máis aló dos estudos prescritos, atendemos a cada neno, a cada un dos nosos protagonistas, dunha maneira moi persoal, para que cada un deles atope o seu lugar.
Non sería posible sen as persoas. Profesores, persoal de administración e servizos, monitores, adestradores, voluntarios... Xuntos formamos un equipo de calidade profesional e humana enfocado en dar resposta desde a mellora continua e a innovación.