Back

Orientación e apoio

Enténdese a orientación como un proceso que inclúe a toda a comunidade educativa, que debe garantirse desde as primeiras idades do alumnado permitindo así a prevención e detección temperá das súas dificultades tanto no desenvolvemento persoal ou da aprendizaxe, como na toma de decisión vocacional. De aí a necesidade de que os centros educativos conten con profesionais da orientación que colaboren co profesorado e as familias para lograr un  desenvolvemento integral do alumnado.

No Departamento de Orientación traballamos unha mestra de Audición e Linguaxe (María Montero) cun total de 25 horas semanais, unha mestra de Pedagoxía Terapéutica, cun total de 25 horas semanais (Lidia Muñiz) e dous orientadores, Araceli Traba (18 horas para Educación Infantil e Primaria, das cales 4 son de PT e 7 horas para Bacharelato) e Juan Manuel Pérez (25 horas para ESO).

Algunhas das nosas accións individuais e conxuntas do Departamento con respecto á atención á diversidade son: a primeira redacción da concreción anual do Plan de Atención á Diversidade (para ser revisada pola CCP), a elaboración de informes psicopedagóxicos, a inclusión de alumnado nos protocolos de atención á diversidade, o asesoramento a profesorado e familias, a planificación e posta en marcha de programas como “Patios Dinámicos” , a previsión, seguimento e avaliación dos apoios por parte das mestras de Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica, a elaboración e coordinación do plan de orientación académica e profesional e o apoio á acción titorial.

Ademais de realizar avaliacións psicopedagóxicas e os correspondentes informes do alumnado do que se solicita, facemos informes con outros propósitos, desde a comunicación con servizos sanitarios, públicos ou privados,  ata a solicitude de bolsas destinadas a necesidades educativas.

 

Contactos:

Orientador ESO e Coordinador do DO:

xoanmanuel.perez@lasallesantiago.gal

Orientadora Infantil, Primaria e Bacharelato:

araceli.traba@lasallesantiago.gal

Mestra de Audición e Linguaxe

maria.montero@lasallesantiago.gal

Mestra de Pedagoxía Terapéutica:

lidia.muniz@lasallesantiago.gal

Algunha consulta?

    Consinto "os seus datos seguros"

    Responsable del tratamiento: COLEGIO LA SALLE SANTIAGO / Dirección del responsable: C/San Roque 6, 15704, A Coruña. / Finalidad: Sus datos serán usados para poder atender sus solicitudes y prestarle nuestros servicios. / Publicidad: Solo le enviaremos publicidad con su autorización previa, que podrá facilitarnos mediante la casilla correspondiente establecida al efecto. / Legitimación: Únicamente trataremos sus datos con su consentimiento previo, que podrá facilitarnos mediante la casilla correspondiente establecida al efecto. / Destinatarios: Con carácter general, sólo el personal de nuestra entidad que esté debidamente autorizado podrá tener conocimiento de la información que le pedimos. / Derechos: Tiene derecho a saber qué información tenemos sobre usted, corregirla y eliminarla, tal y como se explica en la información adicional disponible en nuestra página web. / Información adicional: Más información en el apartado Política de privacidad de nuestra página web.
    La Salle Santiago
    Resumen de privacidad

    Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.