Obradoiro co PAAR de Campo Lameiro: gravuras e atavíos
O venres 11 de decembro, o alumnado de 3.º de Ed. Primaria tivo unha visita especial. Tania, a responsable da aula didáctica do Parque de arte Rupestre Campo Lameiro veu a falar dunha gran parte da Historia de Galicia. Coñeceron de primeira man os diferentes tipos de construcións e estilo de vida dos nosos ancestros durante o megalitismo.
Foi moi interesante, puideron ver réplicas de obxectos da época e para rematar, fixeron un colar de contas similar aos atopados nos xacementos por toda Galicia.