
Magosto e Samaín no cole
Fume que sobe ao ceo,
castañas no braseiro,
risas, cancións e vento,
outono verdadeiro.
O xoves 30 de outubro celebramos no colexio unha xornada moi especial dedicada ao Magosto e ao Samaín, dúas tradicións do outono cheas de historia e significado.
O longo da semana, o alumnado participou en diferentes actividades relacionadas co outono, coas costumes propias destas datas. Pola tarde puidemos gozar de ricas castañas asadas, compartindo un momento de convivencia e ledicia.
Con motivo do Samaín, as familias colaboraron elaborando na casa creativas cabazas, que os nenos e nenas trouxeron ao colexio para decorar os espazos. Ademais, moitos acudiron con algún complemento ou detalle alusivo ao Samaín, enchendo de cor e fantasía esta celebración.
Foi unha xornada estupenda, chea de tradición, diversión e espírito comunitario, na que mantivemos vivas as nosas raíces mentres desfrutabamos xuntos da maxia do outono.







