Imaxina
Lema do curso 2019-2020 · Imaxina un mundo mellor
Imaxinar é aprender a mirar de xeito diferente, a buscar solucións onde ninguén buscou antes, a propoñer opcións que a ninguén máis se lle ocorreron, a anticiparnos aos problemas e dificultades e ofrecer novas respostas, a soñar cun mundo diferente do que agora temos…
A imaxinación ábrenos novos mundos, ideas, percepcións... os nenos gozan imaxinando cousas novas a través dos xogos. Os que non somos xa tan nenos recordamos de bo grado cando imaxinabamos que eramos policías e perseguiamos os "malos", médicos que curaban a todos ou os protagonistas das nosas películas favoritas. A imaxinación, ademais de conectarnos coa nosa parte creativa anímanos e motiva a actuar, a movernos, a ser protagonistas. Con este lema queremos iniciar un movemento no corazón de todas as persoas que formamos La Salle.
Un movemento que se inicia no noso interior e sae cara a fóra con moita forza. Segundo o dicionario, o verbo "imaxinar" ten catro acepcións:
-
- tr. Representar na mente a imaxe de algo ou de alguén: Imaxina un campo de flores. U. t. c. prnl. Non mo imaxino xa con fillos.
- tr. Supoñer algo a partir de certos indicios. Imaxino que te quedarás a comer. U. t. C. prnl.
- tr. Inventar ou crear algo. imaxinei unha forma de solucionar o problema.
- tr. Concibir algo coa fantasía.
Nós concentrámonos nas dúas últimas: inventar, crear e concibir con fantasía. Con este lema pretendemos traballar no noso alumnado as capacidades e competencias que nos sitúan na disposición dun inventor, dun creador.
Trátase de introducirnos no mundo dos creadores, dos inventores e aprender con eles a mirar de xeito diferente, a buscar solucións onde ninguén buscou antes, a propoñer opcións que a ninguén máis se lle ocorreron, a anticiparnos aos problemas e dificultades e ofrecer novas respostas, a soñar cun mundo diferente do que agora temos ... A palabra "imaxina" evócanos todo isto.
A idea asociada a este lema reflíctese no xeito que presentaremos e traballaremos o cartel durante o curso 2019- 2020. Queremos que el cartel se mantenga activo durante todo el año.
Desde a nosa historia
San Xoán Bautista de La Salle soubo proxectar este valor en todo o seu itinerario de vida e en todas e cada unha das iniciativas que puxo en marcha:
- Organizou as escolas populares abertas a todas as clases sociais
- Fundou unha institución con vocación de progreso e de universalidade
- Escribiu libros sabios e variados, con ideas innovadoras
- Sementou inquietudes que se prolongaron máis aló da súa morte
- Prestou o seu nome a un movemento que segue vivo no mundo
- Ata as súas obras pedagóxicas e espirituais testemuñan que foi capaz de ser creativo partindo da realidade que viviu no día a día
- Só ao final do seu camiño, mirando atrás deuse conta perfectamente que nacera un Instituto de educadores cristiáns. Viu que escribira dúas ducias de libros para estes educadores e para os escolares
- Tamén comprendeu que se trataba de algo novo e dinámico, e pediu aos que o seguiron que non se acovardaran, xa que a necesidade educativa era inxente e urxente
La Salle "imaxina" un escola nova onde se educaba desde a fraternidade duns irmáns que vivían xuntos e o compartían todo. Ata este momento o proxecto de escola era local e individual dalgunha persoa; unha escola que educaba na fe sostendo o sentido da vida de moitas persoas fronte a unha escola que só se fixaba no prestixio e nivel intelectual que puidesen proporcionar ás elites, e unha escola ao servizo dos máis necesitados que se sentaban xunto a persoas acomodadas, establecendo relacións de xustiza entre eles fronte á escola dos mestres calígrafos, que só buscaban o diñeiro dos que si podían pagar.
Hoxe tócanos a nós facer realidade este valor medio das nosas comunidades educativas. O noso carácter propio é moi claro en relación ao desenvolvemento da creatividade.