
INTERNIVEL SAUDABLE
Cando ti me axudas e eu che axudo,
todo sae moito mellor!
No Internivel SAUDABLE ao longo deste curso levamos a cabo varias propostas que promoven unha serie de actividades que nos permiten traballar os principios pedagóxicos da Dimensión Social, Conduta e Actividade Autorregulada. A Aprendizaxe Cooperativa favorece ainterdependencia positiva, estimula a interacción e as habilidades concretas.
Neste entorno realizamos actividades relacionadas coa saúde e autocoidado, pero tamén o coidado á natureza que nos rodea.
Ao longo do curso desfrutamos aprendendo xogos tradicionais para adquirir o control postural e o coñecemento do noso corpo.Traballamos con diversos materiais que desenvolven habilidades predeportivas como coordinación, equilibrio, puntería, resistencia, velocidade, etc.
Finalmente o contacto coa natureza pasa a ser o protagonista. Observamos e escollemos as sementes, sementamos, regamos, formulamos hipóteses sobre o seu desenvolvemento e coidado, buscamos diferenzas e semellanzas entre diferentes árbores e plantas, etc.
Co obxectivo de reforzar os valores da perseveranza, o respecto aos demais e sobre todo o xogo en equipo.






