
¡Hoxe no CEGAC! Os peques de 5 anos convértense en artistas con Mar Caldas
Onte e hoxe, os nenos e nenas de 5 anos de Educación Infantil do Colexio La Salle Santiago viviron unha experiencia moi especial no CEGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea), ¡viaxaron ao mundo da arte da man de Mar Caldas!
Sofía, a monitora do taller, despois dunha breve explicación motivadora sobre a artista, invitou aos peques a representar as súas obras utilizando só o seu propio corpo. Con moita enerxía e risas, os nenos imitaron as formas e figuras que aparecían nas imaxes de Mar Caldas, ¡usando os seus corpos como pinceles! E para darlle un toque máis creativo, Sofía lles proporcionou algúns obxectos cos que adornaron as súas composicións. Con moita imaxinación e diversión, os nosos pequenos artistas viviron unha mañá chea de risas e dunha forma única de achegarse á arte.
Sen dúbida, ¡unha experiencia que quedará nos seus recordos e que disfrutaron moitísimo!



