Educación Infantil
2.º ciclo
Comprende tres anos académicos: aqueles que se cursan entre os 3 e os 6 anos de idade.
Apostamos por unha educación global que axude o desenvolvemento das capacidades intelectuais, afectivas, motoras, psicomotoras e sociais-relixiosas dos nosos alumnos. É unha opción consciente polo desenvolvemento integral da persoa. O xogo libre, a psicomotricidade, o razoamento, a aprendizaxe cooperativa, os programas de innovación, as TIC, o Plan de Achegamento á Realidade, a lingua estranxeira... están ao servizo desta visión da persoa, en consonancia co noso carácter propio.
Poñemos todos os medios ao noso alcance para que os vosos fillos atopen no noso centro un espazo cálido e acolledor onde poidan experimentar a aprendizaxe como algo estimulante, descubrindo o divertido que é aprender xunto cos seus compañeiros, nunha etapa da súa vida na que a súa plasticidade cerebral nos permite impulsar o aprender a aprender.
Neste camiño que facemos xuntos, os nenos aprenden a ser eles mesmos (aprender a ser), aprenden a interactuar con outros (aprender a vivir xuntos) e aprenden a interpretar o mundo que os rodea (aprender a coñecer e a facer). Van crecendo en autonomía con parámetros axeitados de autoestima e autoconcepto.
Somos conscientes da gran importancia da familia como axente educador, propiciando a reflexión e o diálogo da súa función no desenvolvemento desta etapa.
Unha implicación activa e unha boa relación e comunicación entre familia e escola inflúen moi positivamente na visión e no sentimento do neno cara á educación.
A través da nosa experiencia puidemos observar que unha participación activa da familia na escola repercute dunha forma positiva nos alumnos, nas súas familias e nas propias profesoras xa que:
- Aumenta a confianza no centro, posto que coñecen de primeira man o seu funcionamento.
- Considéranse parte activa do proceso de ensino - aprendizaxe dos seus fillos.
- Potencian o sentido de pertenza tanto das familias como dos alumnos.
- Dan seguridade e motivación aos nenos.
- Permítenlles, do mesmo xeito que aos seus fillos, gozar de experiencias estimulantes.
- Melloran a relación entre familias e profesoras.
- Relaciónanse con outras familias e comparten con elas dentro do contexto escolar.
- Facilitan o labor docente porque achegan os seus coñecementos e experiencias.
- Suscítanse conversacións reais do día a día na casa.
- Representan un apoio para o desenvolvemento dalgunhas actividades escolares.
- Achegan recursos para a realización de actividades na aula.
O mundo cambia e nós cambiamos con el. Durante o curso 2021-22 xa temos implantado este novo marco pedagóxico e didáctico en toda a Infantil e Primaria. A modo de avanzada, 16 colexios da nosa rede xa se adiantaron desde o curso 2019-20 para mostrarnos o camiño e facer os axustes oportunos. A súa satisfacción é garantía de que imos polo bo camiño.
Co Novo Contexto de Aprendizaxe, La Salle ofrece unha resposta á escola de hoxe, centrándose na persoa e buscando a forma de axudala a adquirir as habilidades e as competencias que lle permitan transformar o mundo; baixo un enfoque metodolóxico innovador e actual, baseado nas intelixencias múltiples e no traballo por proxectos.
Velaí algúns dos materiais que compoñen a "mochila NCA" de Educación Infantil neste curso. Pouco a pouco serán os nenos e nenas, xunto coas súas profes, quen lles darán o auténtico valor, quen os converterán en verdadeiros tesouros de aprendizaxe.
Integrados nun futuro no NCA, contamos con proxectos innovadores e programas educativos propios da Rede de Centros La Salle.
Estes programas desenvólvense ao longo de toda a escolaridade do noso alumnado, cunha implantación progresiva e adaptada ao seu nivel madurativo e estratexias de aprendizaxe, sistematizándose nas rutinas da aula e integrándose na metodoloxía diaria.
En Infantil traballamos especialmente Ulises, Crea, Optimis, Mapping e Hara.
A nosa meta como centro plurilingüe é conseguir a máxima competencia dos nosos alumnos nas tres linguas impartidas nesta etapa, fomentando o contacto coa segunda lingua e coa lingua estranxeira (inglés).
Desenvolvemos un programa de anticipación lingüística, baseado nunha metodoloxía dinámica, lúdica e interactiva. Por medio de xogos, cancións e múltiples actividades audiovisuais conseguimos un alto grado de comprensión e expresión oral.
Queremos que os nenos galegofalantes manteñan a súa lingua para que tanto o galego como do castelán sexan linguas de uso en todos os niveis.
O noso centro aposta por unha educación inclusiva, orientando o noso labor educativo ao desenvolvemento integral de cada neno, respectando os seus ritmos e capacidades.
A realidade persoal, familiar e social de cada alumno require unha resposta personalizada. Para iso, ademais dun coidado labor titorial, contamos co asesoramento do Departamento de Orientación e, nos casos que así o requiren, coa intervención directa das especialistas que o conforman. A diversidade é unha riqueza e unha valiosa oportunidade para crecer como comunidade educativa.
O uniforme nesta etapa é o chándal colegial que xunto co mandilón é de uso obrigatorio. Ambos á venda na nosa tenda colexial. Máis información en Tenda de roupa.
Servizo de madrugadores 7:45 ata as 9:30. Almorzo opcional. Máis información en Programa madrugadores
Ludoteca: de 17:00 a 19:00. Máis información en Ludoteca
Horario semanal
Lúns | Martes | Mércores | Xoves | Venres | ||
9:30-13:00 | 9:30-14:00 | |||||
Comedor | ||||||
15:00-17:00 |
Recreos:
- 3 anos: 10:30-11:00
- 4 anos: 11:00-11:30
- 5 anos: 11:30-12:00
Consulta os criterios de organización.