Comezamos cos obradoiros interdisciplinares!
Esta semana, as nenas e nenos de 4º de primaria convertéronse en directores de teatro preparando obras de guiñol no seu primeiro obradoiro interdisciplinar.
O Novo Contexto de Aprendizaxe (nca) estanos traendo novos escenarios nas aulas. Neste caso, presentámosvos os obradoiros interdisciplinares, que se desenvolven ao longo de toda a primaria como un espazo pensado fundamentalmente para que o alumnado progrese por si mesmo, contemplando os ritmos individuais e contribuíndo á construción do seu propio ser.
Neste contexto, esta semana, as nenas e nenos de 4º de primaria tiveron a súa primeira experiencia de obradoiro interdisciplinar ao redor do tema do teatro. Fixeron, coa colaboración das súas familias, unhas fermosas e creativas marionetas. Na aula, en grupos cooperativos, foron elaborando un guión usando os seus Chromebooks. Tiveron varias sesións para elaboralo mais ensaialo para, finalmente, realizar unha fabulosa representación para o resto dos seus compañeiros e compañeiras.