Chegaron as novas pantallas interactivas de última xeración!
Esta semana, no colexio, comezamos cunha gran novidade e non podemos estar máis agradecidos!
Tanto o profesorado como o alumnado de La Salle Santiago atopámonos moi ledos xa que contamos cunhas novas pantallas interactivas nas nosas aulas.
O colexio recibiu unha subvención a centros privados para a dotación de aulas dixitais cofinanciadas polo fondo europeo no marco do plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea- Next Generation EU.
http://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/37783
Agora, as nosas aulas de infantil, primaria e secundaria xa contan con pantallas interactivas de última xeración. Grazas a isto, mellóranse as posibilidades de continuar avanzando no noso proceso de innovación educativa xa que abren as portas a un milleiro de recursos e posibilidades para ir adquirindo a aprendizaxe da forma máis significativa no noso día a día.