Carla Coucheiro premiada no certame RELATOS.GAL
Este ano celebrouse a VII Edición do Certame de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal.
A alumna de terceiro de ESO, Carla Coucheiro Rodríguez, presentou o seu texto na categoria xuvenil (de 12 a 17 anos) e resultou galardoada co terceiro premio. Carla competía con 325 autores de textos presentados por alumnado de ESO e Bacharelato, polo que este recoñecemento ten moito valor por ser ela a máis nova dos premiados na categoria.
O acto de entrega de premios realizarase na Coruña, nun acto aberto ao público e o relato será publicado na revista Luzes.
Así aparece anunciado na web oficial: “Carla Coucheiro Rodríguez, natural de València e veciña de Santiago de Compostela, gañou o terceiro premio xuvenil con “Inocencia”, un desgarrador relato que en tan só 54 palabras mergulla o lector na visión dun neno que medra nun fogar marcado pola violencia de xénero. “Dende nena fun escribindo contos e historias, e sempre busquei debuxar, ler e escribir”, explica Carla.”