Campamento Urbano 2022

Despois do exitoso verán do curso pasado, queremos ofertar de novo o Campamento Urbano 2022 que estamos a preparar con moita ilusión e cariño. Queremos conseguir que os nenos e nenas vivan un tempo de ocio e calidade.
Este ano contamos co privilexio de ter algún monitor/a nativo/a, que estará continuamente falando en inglés. Cada semana teremos unha temática diferente (olimpiádas, piratas, maxia…), que será o noso fío condutor.
- Obradoiros en inglés:
Cada día haberá un tempo de inglés coa monitora nativa, onde se farán diferentes actividades e xogos lúdicos unicamente en inglés.

- Deportes/Xogos/ Gyncacas.
Cada mañá comezaremos o día movendo o corpo. Os máis pequenos facendo circuítos e xogos para traballar as habilidades de control corporal, a lateralidade, o equilibrio, a estruturación espacial, o ritmo… Iniciarase aos participantes de primaria en deportes como floorball, voleibol, frisbee… e unha serie de xogos (cooperativos, sensoriais, auga…).
- Obradoiros de cocina e ciencia.
Utilizaremos as nosas instalacións para que os participantes se convertan en auténticos chefs, elaborando deliciosos pratos. Tamén empregaremos os nosos laboratorios para realizar pequenos experimentos.
- Saídas a Bonaval
Cada semana iremos ao noso entorno natural máis próximo para que os nosos participantes estean en contacto coa natureza.

Semana 1: 23, 27, 28, 29, 30 de xuño e 1 de xullo
Semana 2: 4, 5, 6, 7, e 8 de xullo
Semana 3: 11, 12, 13, 14 e 15 de xullo
Semana 4: 18, 19, 20, 21 e 22 de xullo
Semana 5: 26, 27, 28 e 29 de xullo

Quenda solta………………………………………………………80€
Dúas Quendas…………………………………………………..150€
Campamento completo………………………………………370€
Servizos
Madrugadores……………………………………10€/semana
Comedor + Tarde……………………………….30€/semana
Desconto por irmán …………………………………………5%
Para calquera dúbida: campamento@lasallesantiago,gal
WhatsApp: 744 67 00 50