IV Campa Salle Urbano
Verán 2024
Campa Salle Urbano é una proposta de conciliación que, debido ao éxito dos anos anteriores, queremos ofertar por cuarta vez, tendo coma obxectivo principal que o noso alumnado viva un tempo de lecer de calidade e poida gozar a través do xogo.
Queremos que os participantes gocen de actividades en inglés, polo que contamos coa participación de monitores nativos, ademais de monitores cualificados en Ocio e Tempo Libre.


Os horarios xerais son orientativos, dependemos das temáticas, factores atmosféricos… As actividades estarán adaptadas ás idades dos participantes. Dependeremos tamén do número de participantes que se anoten no campamento.
Actividade



Inglés
Os nosos participantes contarán cunha hora diaria de actividades en inglés dirixidas por unha monitora nativa, coa que contaremos durante todo o campamento, e a cal realizará as outras actividades a continuación descritas.
Piscina-Inchables
Haberá diversas piscinas desmontables adaptadas á idade dos participantes, os cales sempre estarán baixo supervisión dos monitores. Deste modo, se o tempo acompaña, os cativos gozarán diariamente dela..Ademais unha vez á semana gozaremos de inchables acuaticos.
Saídas
Realizaremos saídas semanais a parques do entorno compostelán, e intentaremos realizar excursións a outros parques multiaventura, dos que informaremos máis adiante, unha vez confirmado.



Cociña
Empregaremos as nosas instalacións para facer receitas de cociña nas que os nenos e nenas terán que desenvolver as súas capacidades culinarias usando as súas propias mans, convertíndose así en auténticos chefs.
Ciencia
Os nenos e nenas enriqueceran os seus coñecementos científicos e investigativos no laboratorio colexial a través da realización de experimentos, manualidades e da tecnoloxía.
Xogo-Xincana-Deporte
Levaranse a cabo diferentes tipos de dinámicas dependendo da temática semanal. Centrarémonos en xincanas, búsquedas do tesouro, cancións animadas…
UNHA EXPERIENCIA INESQUECIBLE!
Quendas.
1ª Quenda: 24 de xuño ao 28 de xuño.
2ª Quenda: 01 de xullo ao 05 de xullo.
3ª Quenda: 08 de xullo ao 12 de xullo.
4ª Quenda: 15 de xullo ao 19 de xullo.
5ª Quenda: 22 de xullo ao 26 de xullo.
6º Quenda: 29 de xullo ao 31* de xullo
*Posibilidade de ampliar ata o 2 de agosto.
Prezos.
Unha queda 80€ (6ª queda: 48€)
Dúas quendas 150€ (coa 6ª quenda 120€)
Campamento completo 370€
Madrugadores 10 €/quenda (con almorzo: 13€/quenda)
Comedor + Actividad de tarde 30€/quenda
Seguro para participantes de fóra 8€
Servizos.
Madrugadores a partir das 8.00h o participante pode facer uso deste servizo. .
Comedor + Actividade de tarde a partir das 15.00h podedes vir recoller ao participante ata as 16.00h.