“Cada día aprendía algo novo sobre o planeta, sobre a partida e aviaxe…”
O Principiño. Saint-Exupéry
A lectura do Principiño, é unha viaxe máxica a un universo tamén máxico.
As excursións da etapa de Infantil pertencen ao mundo real pero filtradas pola mirada máxica de cada un dos nosos nenos e nenas. De cada unha levan a súa propia historia, o seu propio conto, o seu propio soño, que tal vez os acompañe moito máis tempo do que poidamos imaxinar.
Este ano, o sol brillou durante toda a xornada e acompañou esas actividades diferentes do cotián que con tanta ilusión reciben cada fin de curso. As aulas de 3 anos gozaron na Fervenza do Toxa. Alí asombráronse dando o biberón a un xato ou cos coelliños, tan peludiños e bonitos. Atalaia foi o destino do alumnado de 4 anos, quen se converteron en xinetes, plantaron leitugas e gozaron das aves do Ecoparque. Os maiores, puxéronse os seus traxes de apicultores e aprenderon moitas cousas desas pequenas abellas, sempre entregadas ao seu traballo do mel.
As imaxes son un bo pretexto para que vos conten polo miúdo!
EQUIPO DE INFANTIL