Este luns levouse a cabo no colexio a inauguración dun proxecto moi especial, no que o alumnado do colexio estará máis unido ca nunca! O noso Fundador decidiu dende o principio que os que adquirían o compromiso de participar na …
A semana pasada tivemos uns días moi especiais no colexio, nos que reflexionamos e traballamos sobre os dereitos da infancia. Como todos os cursos escolares nestas datas, no colexio estivemos afondando a través de reflexións e dinámicas de sensibilización sobre …
Na etapa de primaria, entre proxecto e proxecto, dedicamos unha semana á realización dos obradoiros interdisciplinares. O alumnado de terceiro comezou por todo o alto, nada máis e nada menos que iniciándose no mundo do xadrez. As nenas e nenos …
O domingo pasado parte do alumnado mais do profesorado do noso colexio participaron na edición número 44 da Carreira Pedestre Popular de Santiago. Se algo temos claro no noso colexio é a importancia de manter unha rutina deportiva no noso …
Despois de días de preparación chegou, por fin, a tan esperada celebración do Samaín no noso colexio! Durante varios días o alumnado dos distintos niveis de primaria, coa axuda do seu profesorado, estivo facendo uso da súa creatividade para elaborar …
O alumnado de 3º de primaria tivo a sorte de visitar e utilizar o laboratorio de ciencias para realizar un minucioso traballo de investigación! Despois de varias semanas traballando cos seres vivos, nas últimas sesións de ciencias naturais as nenas …
As nenas e nenos de primaria traballan e practican o cálculo mental dunha forma moi divertida e motivadora! Na etapa de primaria, xa levamos uns anos traballando o cálculo mental na área de matemáticas a través da plataforma de Reflex …
O alumnado de primaria xa comezou e está traballando nos distintos ámbitos de NCA con moita motivación! O tempo pasa moi rápido, e as nenas e nenos de primaria xa están somerxidos de pleno no curso escolar. Xa podemos ver …
As nenas e nenos de infantil e primaria estiveron dedicando os primeiros días de curso a realizar unha serie de actividades e dinámicas de sensibilización. A volta ao colexio sempre é un momento moi especial de reencontros e anécdotas …
Hoxe, o colexio La Salle Santiago xa recuperou a súa esencia! Despois dunhas ben merecidas vacacións de verán, o alumnado do noso centro volve á escola con moitas ganas e ilusión. As nenas e nenos xa están contaxiando a súa …