Atención, ábrese o pano do teatro!
O teatro é unha fiestra creativa que incentiva o coñecemento e a cultura en todos os seus asistentes. Cando sobe o pano, a arte encárgase de transmitir emocións, valores e sentimentos.
Sen dúbida, un dos espazos creativos máis recomendables para compartir e gozar co noso grupo de iguais. A arte teatral constitúe unha poderosa ferramenta a través da cal se pode transmitir o coñecemento e a cultura, sendo unha das formas máis efectivas para que os nenos e as nenas se entreguen e ao mesmo tempo aprendan. De diferentes xeitos, esta actividade logra conectar coas emocións e os sentimentos da pequena audiencia.
Na nosa etapa de Educación Infantil, coñecemos ben o valor da arte escénica, onde a imaxinación, a expresión emocional, o valor do traballo en equipo e o goce da expresión cultural son fonte constante de riqueza no desenvolvemento expresivo-emocional da primeira infancia.
Nesta ocasión, “Colorín y Colorado” nos leva de viaxe en tren para descubrir “Músicas Infantiles del Mundo“