Back

Admisións

Segundo a ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado os PRAZOS DE ADMISIÓN para o curso 2023/24 son:

  1. RESERVA DE PRAZA dun centro a outro ao que se esté adscrito:
    • Prazo: entre os días 16 de xaneiro e 6 de febreiro (ambos incluídos).
    • Centros adscritos: CPR INMACULADA e CPR SAN JORGE
    • ANEXO I (ED550A)
  2. Solicitudes ORDINARIAS de admisión (alumnos novos):
    • Publicación de vacantes antes do 1 de marzo
    • Prazo para presentación de solicitudes: entre o día 1 e o 20 de marzo (ambos incluídos)
    • ANEXO II (ED550B)
    • Os formularios poderán descargarse e entregarse no centro ou cumplimentarse na aplicación informática www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

Para calquera información: secretaria@lasallesantiago.gal

NORMATIVA DE APLICACIÓN

 

  • Decreto 13/2022 do 3 de febreiro polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinandas de segundo ciclo de infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006 de 3 de ,aio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o DECRETO 13/2022 do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión de alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, e educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
  • Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o desenvolvemento do proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2023-2024.

A Xunta de Galicia dispón dunha aplicación de xestión das solicitudes de reserva para centros adscritos e admisión para alumnos de Educación Infantil, Primaria, Ensinanza Secundaria Obrigatoria e Bacharelato en centros sostidos con fondos públicos.