Actividades de orientación en Bacharelato
O día 1 de febreiro todos os alumnos de Bacharelato participaron nos “Encontros na USC”. Esa mañá visitaron, acompañados dos seus profesores titores, as facultades do seu interese e recibiron charlas sobre as titulacións da súa preferencia.
O día 2 de febreiro os alumnos de 2.º de Bacharelato puideron consultar as dúbidas que tiñan sobre os estudos universitarios a antigos alumnos de La Salle que están rematando as súas carreiras. Esa mañá acompañáronnos antigos alumnos de 19 titulacións diferentes e cada estudante recibiu información ,en pequeno grupo, de 3 graos universitarios.
O día 9 de febreiro, o profesor da USC, Juan Manuel Monterroso, explicounos con moito detalle todo o relativo á ABAU e tamén ao proceso de admisión nas universidades, desde a preinscripción ata a matriculación. O proceso de admisión esixe un coñecemento moi preciso de como actuar en cada momento.
A avaliación dos alumnos de 2.º de Bacharelato sobre cada unha destas actividades é moi positiva cunha consideración de que as actividades desenvolvidas contribuíron bastante ou moito á súa orientación nas seguintes porcentaxes: “Encontros na USC”, 51%; charlas de antigos alumnos, 69%; charla sobre ABAU e admisión, 53%.
Os alumnos de 1.º de Bacharelato terán outro momento de formación en orientación en xuño, con charlas de distintas universidades e de estudos menos demandados.