“A Práctica Psicomotriz acompaña ao neno nun itinerario de maduración psicolóxica que vai do pracer de actuar ao pracer de pensar “
Bernard Aucouturier
A través da Práctica Psicomotriz favorecemos o desenvolvemento harmónico do noso alumnado estimulando os procesos de crecemento e desenvolvemento da propia identidade a partir do xogo.
Nesta contorna potenciamos o coñecemento do seu corpo axustando accións e reaccións, desenvolvendo o equilibrio, a percepción sensorial e a coordinación no movemento.
É fundamental para o alumnado establecer interaccións sociais que favorecen a construción da súa identidade e personalidade; valorando a importancia da amizade, o respecto e a empatía.
Equipo Didáctico de Educación Infantil