Back

Chegan as olimpíadas a segundo de primaria!

As nenas e nenos de segundo de primaria estiveron a traballar xunto coas súas profesoras nun interesante proxecto que xiraba entorno ás olimpíadas.

Sabemos que a práctica de exercicio é fundamental para gozar dunha boa saúde, tanto física como mental, e é por este motivo que quixemos achegarnos aos diferentes deportes e afondar nos mesmos dunha maneira lúdica e divertida.

O noso alumnado mostrouse moi motivado e a súa implicación e concienciación foi moi boa en todo momento. Ademais, traballamos os valores máis presentes no deporte e fixémonos conscientes da súa importancia á hora de competir.

Que fermoso é ver aos nenos e nenas xogando, facendo deporte e respectándose con tanta alegría e entusiasmo!