Dándolle vida á arte… ou arte á vida??
“A vida imita á arte moito máis do que a arte imita á vida”
OSCAR WILDE
Inmersos no Renacemento e dispostos a “facer noso” a Leonardo da Vinci e a súa obra, o alumnado de Infantil retoma unha práctica –tableau vivant– do século XIX e mergúllase de cheo na recreación desa “Derradeira Cea” de Da Vinci.
E, mentres avanzamos no proceso, comprobamos como a observación, orientación espacial, introspección e interpretación creativa, son algunhas das habilidades que, dun xeito intuitivo e lúdico vanse adquirindo e desenvolvendo a medida que a obra de arte cobra vida nas nosas aulas.
ALICIA LÓPEZ
SONIA FRANCO
Mestras de Educación Infantil