Espazos simultáneos
“Se buscas resultados distintos, non fagas sempre o mesmo”
ALBERT EINSTEIN
Nunha contorna social multifuncional e cambiante, onde a nosa capacidade de adaptación e flexibilidade física e mental están constantemente a proba, necesitamos aprender a aceptar e xestionar novos e distintos retos cotiáns.
Os ESPAZOS SIMULTÁNEOS de NCA son unha combinación de recantos de traballo onde se conxugan diferentes áreas de coñecemento, materiais e técnicas pedagóxicas.
Cunha temporalización de entre 15-20 min. por recanto e en grupos de ata 5 membros, os pequenos e pequenas desenvolven actividades, resolven desafíos e realizan tarefas de forma cooperativa ou individual. Baixo a supervisión da Profesora, quen toma como premisa principal a autonomía e liberdade ao alumnado. Os pequenos e pequenas xestionan o traballo e o uso dos materiais durante as múltiples rotacións.
Cinco espazos/recantos de traballo que potencian e activan diferentes capacidades e áreas:
- – PROXECTOS: Actividades relativas á temática do Proxecto que nese momento estase desenvolvendo na aula; xogos, lecturas, mappings, vocabulario, etc.
- – ÉRASE UNHA VEZ: Enfocado ao traballo do proceso lecto-escritor; lectura e escritura cooperativa ou individual, xeración espontánea de palabras ou frases, lectura grupal ou individual, etc.
- – NUMERÓPOLIS: Tarefas de razoamento lóxico-matemático; formas xeométricas, seriacións, táboas de dobre entrada, policubos, resolución de pequenos retos ou problemas de forma grupal ou individual.
- – EXPLORA: Actividades manipulativas enfocadas ao desenvolvemento da madurez neuro-motora: táboas de pinchos, quebracabezas, recortado, picado, pegado, plastilina, etc.
- – CONSTRUCIÓNS: Xogos para a procura da expresión oral e comunicativa, así como outras habilidades afectivo-sociais; ensamblados, magnéticos, de pinchos, etc.
Espazos/recantos que xeran pequenos retos e invitan á exploración, valoración, toma de decisións, capacidade de adaptación e flexibilidade mental. Desenvolvendo mentes flexibles para un mundo cambiante.
SONIA FRANCO
Mestra de Educación Infantil