Campamento Urbano La Salle Santiago 2026
Un verán para gozar, aprender e compartir
Para nenos e nenas nados entre 2022 e 2012
Do 22 de xuño ao 31 de xullo
De luns a venres, de 9:00 a 14:00 h
Aberto a alumnado do centro e doutros colexios
Que é o Campamento Urbano?
O Campamento Urbano La Salle 2026 é unha proposta de lecer educativo dirixida a nenos e nenas nados entre 2022 e 2012, pensada para desfrutar do verán a través do xogo, a creatividade e a convivencia.
Desenvolverase nas instalacións do colexio, nun entorno seguro e con grupos reducidos, combinando actividades, saídas semanais e novas propostas.
Do 22 de xuño ao 31 de xullo, en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 h, con madrugadores dende as 8:00 h e comedor ata as 16:00 h.
Descubre todo o que temos preparado.
Actividades do campamento
Xogos en inglés
O inglés estará presente ao longo da xornada a través de xogos e actividades lúdicas. Contamos con monitores nativos que acompañarán aos participantes no uso do idioma de forma natural, favorecendo a Spoken Interaction (interacción falada) e a confianza á hora de expresarse.
Piscinas, xogos de auga e inchables
Haberá diversas piscinas desmontables adaptadas á idade dos participantes, sempre baixo a supervisión dos monitores. Se o tempo o permite, poderán desfrutar delas a diario.
Ademais, unha vez á semana realizaranse actividades con inchables acuáticos, engadindo un extra de diversión á xornada.
Saídas e excursións
Realizaranse saídas semanais a espazos da contorna compostelá. Ademais, en función do número de participantes, organizarase unha excursión sorpresa ao remate da primeira quincena de xullo.
Talleres
Os participantes poderán escoller cada semana os talleres nos que queren participar, adaptados ás súas idades e intereses: manualidades, ciencia, teatro, baile, relaxación, malabares, globoflexia, cometas, títeres, pulseras, traballos con cordas, arcilla, mindfulness, entre outros.
Obradoiros de cociña
Empregaremos as nosas instalacións para facer receitas de cociña nas que os participantes terán que desenvolver as súas capacidades culinarias usando as súas propias mans, convertíndose así en auténticos chefs.
Xogos deportivos
A través da actividade física, desenvolveranse habilidades motrices, o traballo en equipo e a cooperación. Ademais, contaremos coa participación de especialistas e clubs deportivos ao longo das semanas.
Noite de sacos
Os participantes nados entre 2017 e 2012 poderán inscribirse de forma voluntaria nesta actividade especial, que se realizará o 1 e 22 de xullo, dende as 18:30 h ata o día seguinte.
Durante a velada realizaranse xogos e actividades nocturnas adaptadas á idade, ademais dunha cea temática e almorzo ao día seguinte, sempre acompañados polo equipo de monitores.
Horario xeral
Os horarios están adaptados ás diferentes idades e ás características de cada grupo. A xornada desenvolverase, con carácter xeral, en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 h, sendo orientativa e podendo variar en función das temáticas, das condicións meteorolóxicas ou do número de participantes.
Nalgúns momentos, os grupos compartirán actividades conxuntas para favorecer a convivencia.
Semanas e prezos
Semanas do campamento
As familias poderán escoller as semanas que mellor se adapten ás súas necesidades.
22–26 de xuño
29 de xuño–3 de xullo
6–10 de xullo
13–17 de xullo
20–24 de xullo
27–31 de xullo
Prezos do campamento
O prezo do campamento é de 85 € por semana, aplicándose descontos ao contratar varias semanas:
| Número de semanas | Prezo total |
|---|---|
| 1 semana | 85 € |
| 2 semanas | 157 € |
| 3 semanas | 239 € |
| 4 semanas | 309 € |
| 5 semanas | 388 € |
| 6 semanas | 405 € |
Servizos complementarios
12 € por semana
15 € con almorzo
33 € por semana
25 €
Descontos familiares
5% de desconto ao primeiro irmán
10% de desconto ao segundo irmán
Inscrición Campamento Urbano 2026
Inscrición aberta do 21 de abril ao 5 de xuño de 2026.
As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición.
Información importante
- A inscrición implica a aceptación das normas do campamento.
- Para irmáns, é necesario realizar unha inscrición por participante.
- O pago realizarase por domiciliación bancaria.
- A semana anterior ao inicio do campamento enviarase unha carta coas indicacións finais.
Tes algunha dúbida?
Podes contactar connosco a través de:
campamento@lasallesantiago.gal
744 67 00 50
Agardámosvos para vivir un verán cheo de experiencias, aprendizaxe e diversión.
