Os pitiños
Estamos moi emocionados de contarvos as últimas novidades.
Pois sí, o ciclo da vida directamente no noso colexio. Todo comezou nunha aula de primaria, onde xurdiu a oportunidade de coñecer mais de preto o desarrollo dos ovos das galiñas. Como nace un pitiño? Canto tempo necesita? Valen todos os ovos? Despois destas preguntas xurdiron outras e outras….ata que nos propuxemos velo de primeira man. A experiencia é a mellor das mestras e despois de buscar ovos de galiña con galo, lanzámonos á aventura.
Chegou a nosa incubadora, chegaron os ovos e… comezamos. Non vos podedes imaxinar a emoción de contar os 21 días, de controlar a cantidade de auga para que tivesen a humidade precisa, a temperatura necesaria…moitos factores que había que vixiar para que o desarrollo dos ovos fose o óptimo.
E aquí están, despois de 21 días de espera, os nosos primeiros pitiños. E son adorables!. Xa gañaron os nosos corazóns nada mais ver a luz. O primeiro ademais naceu na tarde de festas do colexio polo fundador, San Juan Bautista de La Salle e xa foi bautizado polo alumnado como “plumitas”. O segundo naceu ao día seguinte, pero como era venres á tarde e non estaban os rapaces e rapazas, aínda non ten nome. De seguro que o luns a primeira hora, xa o bautizan.
Polo de agora son dous, pero ogallá nacera algún mais para que teñan compaña. Están sans e fortes. Xa comen estupendamente do pienso especial para pitiños que nos trouxo unha alumna.
Agora só nos queda agardar polos demais ovos e coidar moi pero que moi ben, a estes dous irmáns tan bonitiños e queridos. Benvidos á familia de La Salle.