Taller de contacontos en 2.º de Primaria
A piques de chegar o Nadal, os nenos e nenas de 2º de Primaria e os seus profes, cada un na súa clase, non podendo ser doutra maneira, tivemos a sorte de disfrutar dun taller de Contacontos.
Natali, que así se chamaba a contacontos, empezou a preguntarlle aos nenos sobre as Bibliotecas, de cantos ían, se eran socios, se levaban contos para ler na casa, se lles gustaba ler… Tamén falaron do que pasaba ou o que sentían cando lían.
Natali invitounos a que nos contaran o conto de “Guyi Guyi” vendo os debuxos e imaxinando que podía pasar. Os rapaces e rapazas participaron moito e entre todos crearon un conto, cada clase o seu, que nada tiñan que ver, e nada tiña que ver co que no libro estaba escrito.
Despois pedíunos a colaboración ao mestre que estaba na clase para contar a historia que estaba alí escrita. Outra nova historia diferente (nin mellor, nin peor, simplemente diferente, decía ela).
Para rematar a sesión debuxaron cada un o personaxe que máis lle gustaba, podía ser dese conto ou non, e pegárono nunha palliña. Os nenos e nenas que queiran poden escribir o conto do seu personaxe. Ela virá a por eses contos e intentará facer un pequeno libro para clase feito por eles.