Back

Imaxina

Lema do curso 2019-2020 · Imaxina un mundo mellor

Imaxinar é aprender a mirar de xeito diferente, a buscar solucións onde ninguén buscou antes, a propoñer opcións que a ninguén máis se lle ocorreron, a anticiparnos aos problemas e dificultades e ofrecer novas respostas, a soñar cun mundo diferente do que agora temos…

A imaxinación ábrenos novos mundos, ideas, percepcións... os nenos gozan imaxinando cousas novas a través dos xogos. Os que non somos xa tan nenos recordamos de bo grado cando imaxinabamos que eramos policías e perseguiamos os "malos", médicos que curaban a todos ou os protagonistas das nosas películas favoritas. A imaxinación, ademais de conectarnos coa nosa parte creativa anímanos e motiva a actuar, a movernos, a ser protagonistas. Con este lema queremos iniciar un movemento no corazón de todas as persoas que formamos La Salle.

Un movemento que se inicia no noso interior e sae cara a fóra con moita forza. Segundo o dicionario, o verbo "imaxinar" ten catro acepcións:

    1. tr. Representar na mente a imaxe de algo ou de alguén: Imaxina un campo de flores. U. t. c. prnl. Non mo imaxino xa con fillos.
    2. tr. Supoñer algo a partir de certos indicios. Imaxino que te quedarás a comer. U. t. C. prnl.
    3. tr. Inventar ou crear algo. imaxinei unha forma de solucionar o problema.
    4. tr. Concibir algo coa fantasía.

Nós concentrámonos nas dúas últimas: inventar, crear e concibir con fantasía. Con este lema pretendemos traballar no noso alumnado as capacidades e competencias que nos sitúan na disposición dun inventor, dun creador.

Trátase de introducirnos no mundo dos creadores, dos inventores e aprender con eles a mirar de xeito diferente, a buscar solucións onde ninguén buscou antes, a propoñer opcións que a ninguén máis se lle ocorreron, a anticiparnos aos problemas e dificultades e ofrecer novas respostas, a soñar cun mundo diferente do que agora temos ... A palabra "imaxina" evócanos todo isto.

A idea asociada a este lema reflíctese no xeito que presentaremos e traballaremos o cartel durante o curso 2019- 2020. Queremos que el cartel se mantenga activo durante todo el año.

Desde a nosa historia

San Xoán Bautista de La Salle soubo proxectar este valor en todo o seu itinerario de vida e en todas e cada unha das iniciativas que puxo en marcha:

  • Organizou as escolas populares abertas a todas as clases sociais
  • Fundou unha institución con vocación de progreso e de universalidade
  • Escribiu libros sabios e variados, con ideas innovadoras
  • Sementou inquietudes que se prolongaron máis aló da súa morte
  • Prestou o seu nome a un movemento que segue vivo no mundo
  • Ata as súas obras pedagóxicas e espirituais testemuñan que foi capaz de ser creativo partindo da realidade que viviu no día a día
  • Só ao final do seu camiño, mirando atrás deuse conta perfectamente que nacera un Instituto de educadores cristiáns. Viu que escribira dúas ducias de libros para estes educadores e para os escolares
  • Tamén comprendeu que se trataba de algo novo e dinámico, e pediu aos que o seguiron que non se acovardaran, xa que a necesidade educativa era inxente e urxente

La Salle "imaxina" un escola nova onde se educaba desde a fraternidade duns irmáns que vivían xuntos e o compartían todo. Ata este momento o proxecto de escola era local e individual dalgunha persoa; unha escola que educaba na fe sostendo o sentido da vida de moitas persoas fronte a unha escola que só se fixaba no prestixio e nivel intelectual que puidesen proporcionar ás elites, e unha escola ao servizo dos máis necesitados que se sentaban xunto a persoas acomodadas, establecendo relacións de xustiza entre eles fronte á escola dos mestres calígrafos, que só buscaban o diñeiro dos que si podían pagar.

Hoxe tócanos a nós facer realidade este valor medio das nosas comunidades educativas. O noso carácter propio é moi claro en relación ao desenvolvemento da creatividade.

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.