
Volve o espectáculo teatral ao noso colexio!
A semana pasada as nenas e nenos de quinto e sexto de primaria e mais os de primeiro e segundo de ESO tiveron a sorte de poder gozar da representación dunha obra de teatro en inglés no colexio.
Romper coa rutina da semana sempre emociona ao noso alumnado. Desta vez tivemos a sorte de ter con nós á Compañía Transeduca coa a obra que preparou para a temporada escolar: “The Amazing Robin Hood”
Aos nenos e nenas resúltalles motivador e instrutivo poñer a proba os seus coñecementos de lingua inglesa mentres que desfrutan destas fermosas obras adaptadas a cada nivel.
Esperaremos con moitas ganas a próxima obra!


