
Vivan as festas colexiais!
Un ano máis vimos de celebrar un dos momentos favoritos do curso escolar: as festa na honra do noso fundador, San Xoán Bautista de La Salle.
Comezamos o xoves cunha fermosa inauguración, onde o alumnado e o profesorado se xuntou para desfrutar dun marabilloso acto que deu por comezadas as festas.
Pola mañá, o alumnado de infantil y primaria pasouno en grande xogando co de secundaria e bacharelato, como parte da iniciativa do Irmandamento que levamos a cabo no colexio.
Pola tarde a festa continuou xa que as nenas e nenos de infantil e primaria puideron gozar dunha tarde de inchables, xogos tradicionais, troulada de animais, concurso de tortas, exhibición de baile, karaoke, entre outras actividades.
O venres comezou para todos e todas cunha celebración na honra de San Xoán Bautista de La Salle. A continuación, a Anpa fixo desfrutar aos máis pequenos dunha marabillosa representación teatral de contos. Tamén houbo xincanas do máis divertidas.
O alumnado de secundaria e bacharelato tivo diferentes competicións deportivas, concurso de cociña, escape rooms, scalextric, e aínda queda o broche final coa elegante verbena á que poderán asistir esta noite.
Agradecemos enormemente á comisión de festas o gran traballo e dedicación para que isto poida ter lugar, así coma ao profesorado e familias implicadas que fan que o noso alumnado poida gozar, ano tras ano, dunhas festa por todo o alto!


