
VIVA O ENTROIDO EN GALICIA
Este venres o alumnado e profesorado de educación infantil do colexio recibimos unha visita moi especial, a dos persoeiros da parranda de entroido de Lestedo.
Agasalláronnos con boa música tradicional, cantaron, bailaron (e todos con eles) e mostráronnos as súas vestimentas de Señoritos e Directores da parranda. Tamén nos contaron curiosidades sobre as tradicións galegas do entroido así coma dos instrumentos musicais que traían con eles.
Desfrutamos moitísimo e agradecémoslle a súa visita á asociación cultural Mestre Manuel Gacio de Lestedo, e á mestra de infantil Andrea Castro por organizar tan bonito e proveitoso encontro.
EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL

