
Viva a maxia!
O alumnado de 3° de primaria inaugurou por todo o alto os obradoiros interdisciplinares do Novo Contexto de Aprendizaxe.
As nenas e nenos de terceiro de primaria puideron vivir unhas sesións do máis emocionantes como parte do primeiro obradoiro interdisciplinar deste curso escolar. Tiveron, nada máis e nada menos, que converterse nuns expertos magos e magas.
Despois dun marabilloso traballo de investigación no que tiveron que buscar e seleccionar os seus trucos de maxia favoritos, tiveron varias clases para practicar a súa actuación. Cando estivo todo preparado, tiveron a sorte de poder realizar o seu show de maxia para un público moi especial: as nenas e nenos de 1° de primaria. Tanto as profesoras como o alumnado desfrutaron duns impresionantes trucos ante os cales quedaron máis que abraiados.
Que enriquecedor e motivador resulta para os nenos e nenas aprender tendo un papel protagonista no proceso. E, ademais, se podes compartir o aprendido cos compañeiros e compañeiras do colexio… Mellor que mellor!
Esperamos con moitas ganas as sorpresas que nos traerán os próximos obradoiros!






