
Venres Santo
O Venres Santo os asistentes á Pascua Lasaliana puidemos revivir o xuízo a Xesús. Puidemos sentir a inxustiza do home e tamén o desánimo e a soidade do que sofre, do que está na cruz. Hai tantas cruces hoxe en día…
Nós quixemos ter un momento para facer noso a dor de cada unha das realidades que agora mesmo están a sentir esa cruz, esa dor, esa incomprensión, esa soidade, realizando un viacrucis pola nosa cidade.