
Unha mañá moi especial!
La semana pasada, as nenas e nenos de sexto de primaria acudiron ao Auditorio de Galicia a desfrutar da obra “Son Salvaxe!” interpretada pola compañía de teatro La Maquiné en colaboración coa espectacular Real Filharmonía de Galicia.
A obra contounos a emocionante historia de Mona, unha nena criada na selva por un gorila chamado Koko. Un día, os seres humanos invaden e destrúen o seu fogar, levan a Mona á civilización para educala e encerran a Koko nun zoolóxico. A historia de Mona e Koko inspíranos a reflexionar sobre a importancia de protexer o noso planeta e tomar medidas para conservar a súa beleza e biodiversidade.
Que gran luxo sentimos por esta oportunidade. Xa estamos desexando volver a desfrutar do teatro e da música!





