
Un adeus que medra: despedida do ciclo de Infantil
O pasado venres 20 de xuño, as aulas de 5 anos enchéronse de emocións, sorrisos e algunha bágoa doce. As nenas e nenos de 6º de Infantil despedíronse da etapa acompañados polas súas familias e mestras, tras tres anos cheos de vivencias.
As titoras Sita, Andrea e Sonia, xunto coa teacher Paula, prepararon con moito agarimo recordos personalizados: fotos, camisetas pintadas por eles e unha plantiña coa estrela da Salle, símbolo do que segue a medrar.
A celebración contou tamén coa fermosa actuación de Ángeles Goas e Cristina Castro co espectáculo “Carapuchiña e os cinco lobiños”, unha proposta tenra e próxima que evocou cancións e emocións vividas nesta etapa.
Grazas ás familias pola confianza e por compartir con nós esta viaxe que agora continúa.




