TDAG 2024: Unha viaxe de ida e volta
O luns 29 de xaneiro cinco alumnos de 1º Bach, acompañados polo profesor Feijoo e polo irmán Reboiras, foron a Coruña, á sede da Fundación Barrié, a debater con outros colexios sobre un tema de actualidade: ”Que é máis determinante para o desarrollo dun individuo, a xenética ou o contexto?”. Mateo Somoza facía o discurso inicial, Lucas Pérez, Naroa Mosquera e Adriana Fernández refutaban nas súas respectivas quendas e, para rematar, Cristina Iglesias recollía o debatido na conclusión. Debates intensos, o primeiro ás 11:30 da mañá e o terceiro ás 18:30 da tarde, intentando arañar puntos…
Eran 42 equipos buscando unha das 16 prazas que te facían pasar a octavos… Finalmente, con 352 puntos, quedamos na posición 17, a só 2 puntos de intentar avanzar na competición… Os rapaces quedaron tristeiros pero orgullosos de facelo tan ben a pesares da inexperiencia… Quedaron con ganas de máis. En próximos debates prometen ir a por todas…