Back

Bolsas para sufragar gastos relacionados con medidas terapeúticas

Desde a Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais do Concello de Santiago sacan unha convocatoria de bolsas destinadas a sufragar os gastos relacionados con medidas terapeúticas que apoien o desenvolvemento e o benestar persoal dos e das menores de Santiago.

Contémplanse dúas modalidades de bolsas:

  • Unha destinada a financiar os gastos de tratamentos como logopedia, fisioterapia, atención psicolóxica, terapia ocupacional ou atención temperá para abordar trastornos da aprendizaxe, a conduta ou a linguaxe. Estas axudas, serán do 90% do gasto total realizado ata un máximo de 1.200 euros anuais.
  • A outra modalidade de axudas ten o obxectivo de contribuír a afrontar o sobrecusto que supón para as persoas celíacas o mantemento dunha dieta sen glute. A axuda será un importe fixo de 1.200 euros por menor beneficiario, para acceder a esta bolsa só é preciso acreditar a enfermidade celíaca mediante un informe profesional.

Poderán ser beneficiarias das bolsas as persoas menores de idade que estean empadroadas en Santiago e que non superen unha renda familiar anual de 5 veces o IPREM en 12 pagas (36.000 euros anuais)

Bases da convocatoria

Axudas Concello 26-27

Información sobre a convocatoria de  bolsas para comedor, material escolar e actividades extraescolares  para  o próximo curso

Bases da convocatoria e impreso de solicitude

Axuda Xunta comedor escolar 26-27

Información sobre a concesión da Xunta de Galicia dunha  axuda económica ás familias usuarias dos comedores escolares  para  o próximo curso

Información oficial

 

Axudas servizo taxi persoas con dificultades de mobilidade

Información sobre a convocatoria do Concello para  axudas individuais para o uso do servizo de taxi para persoas con dificultades de mobilidade para  o 2026

Información do Concello

Axudas para libros de texto e material escolar

Información sobre axudas para libros e material para  o próximo curso

Consultar documento oficial

Instrución 2/2026 da DX

Información sobre revisións e reclamacións finais para alumnado de:

  • Educación Infantil
  • Educación Primaria
  • Educación Secundaria
  • Bacharelato

Consultar documento oficial

Admision e matricula en titulacions con limite de prazas

Deixamos aquí a normativa publicada pola CIUG para a PREINSCRICIÓNE MATRÍCULA EN TITULACIÓNS CON LÍMITE DE PRAZAS NAS UNIVERSIDADES DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA para este curso 2025-26.

Prazo de solicitude:

  • O Prazo para formalizar a Solicitude na Convocatoria Ordinaria vai do 13 ao 26 de xuño (ata as 14:00 horas).

  • O Prazo para formalizar a solicitude da Convocatoria Extraordinaria vai do 17 ao 21 de xullo (ata as 14:00 horas).

Toda a información completa atópase na páxina web oficial da CIUG.
Acceder á información

Becas MEC 2026 - 2027

Informámosvos do comezo do prazo para solicitar as Bolsas de carácter xeral para estudos postobrigatorios do Ministerio de Educación.
Prazo de solicitude:

Do 7 de abril de 2026 ás 08:00 h ata o 18 de maio de 2026 ás 15:00 h

Toda a información completa atópase na páxina web oficial do Ministerio de Educación.
Acceder á información das becas

Probas de Acceso á Universidade (PAU)

Toda a información sobre as probas de acceso á universidade está dispoñible na seguinte páxina oficial.
Consultar información da PAU

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.