Sobre a intelixencia artificial…
Na miña opinión, a charla de Juan Domingo Fangós á que asistimos o outro día foi bastante interesante. Se intento ver as cousas desde o seu punto de vista, observo algunhas posibles aplicacións das intelixencias artificiais no noso día a día nas clases como, por exemplo:
Os profesores deberían intentar modificar un pouco o modelo de clase, que imparten, sobre todo, nas materias máis teóricas e agora mesmo, máis enfocadas a memorizar, como poden ser Historia ou algúns apartados de Lingua Castelá ou Lingua Galega, para enfocar estas novas clases a un aprendizaxe máis práctico.
A outra aplicación é a que vexo máis posible e que as intelixencias artificiais cumplan un rol de apoio para que, xunto aos coñecementos previos cos que contan os docentes, sea posible un acceso máis rápido á información, de maneira que sexa máis áxil e completa a resolución de dudas que teñan os alumnos.
Aínda que creo no futuro uso destas tecnoloxías nas clases, súrxenme moitas dudas a corto e medio prazo, xa que para isto sería necesario solucionar varios problemas graves que teñen hoxe en día as intelixencias artificiais, como respostas que leven a confusión ou, directamente, erróneas.
Para rematar, gustaríame comentar o outro tema central da charla, que tratou sobre cómo as intelixencias artificiais acabarían eliminando todo tipo de exames. Este asunto, non me convenceu, debido a que Juan centrouse máis en exponer por enriba o que pasaría e, simplemente, xustificalo conque, para que fose posible, sería necesario un cambio estructural. Pero personalmente, non o acabo de ver factible, xa que vexo esencial ter que dividir aos estudantes según as súas calificacións, ben sexa para o acceso á universidade, posto que non hai recursos suficientes para que cada persoa entre á carreira universitaria que desexe ou, simplemente, co obxectivo de establecer uns coñecementos mínimos necesarios para aprobar unha materia e poder obter o título universitario que recoñeza os teus coñecementos.
Brais Espasandín Suárez