Sempre Cándido
- Categorías Actualidade, Colexio
- Data Xuño 5, 2020
Xabier Limia
Corría o outono de 1990 cando coñecín ao meu amigo Cándido. Chegaba de traballar na Suíza e comecei a docencia no colexio. Alí sentados, nos sofás dá única sala de profesores que había, os novos aprendíamos moito dos profesores que levaban algún anos máis, Redondo, Lobeto, Duyos… e un deles era Cándido.
El é un home tranquilo que transmite esa serenidade dos homes maiores pero sen ser maior, que sabe contar as historias coma poucos, e que fai que viaxes entre as anécdotas da cidade e do seu Congostro natal, e volver a aqueles tempos nos que non había luz, e nos que só había un teléfono na taberna dá aldea que era onde polas noites se xuntaban todos para ver a televisión, a única que había.
Síntome privilexiado, Cándido é meu amigo e foi o meu profesor de galego, entre el e Pico conseguiron namorarme da lingua dos meus pais. Voto de menos aquelas clases nas que aprendíamos a nosa lingua pero tamén o xeito de vivir e amar a Galicia.
Cándido tiña unha gran visión pedagóxica, xa antes de implantarse o aprendizaxe cooperativo nó colexio él xa realizaba as súas sesión de clase con esas técnicas que case ningún de nós coñecíamos. Sempre preocupado polos rapaces e sensible aos seus problemas.
Sentíame como o Tucho da súa novela “Eu coma sempre” onde Cándido transportábamos a unha infancia feliz onde os rapaces ían a escola e traballaban no campo, pero o tempo chegaba para todo, non había deberes, ni internet e a vida facíase nas prazas das aldeas ou no monte gardando os animais.
“Canta xente…!” ou “Nunha praza calquera” son algún exemplos disto que vos comento, rimos cos seus personaxes, e tamén reflexionamos sobre a vida, o amor, a amizade, o respecto ós animais…
Cándido xubílase de profesor, pero non a quedar quieto, seguro que xa está montando o seu próximo proxecto, e o que seguro e que nunca se xubilará dos seus amigos, eso non llo imos permitir…